O CMUS de Ourense, na procura de ofertar máis, e máis diversas actividades para o seu alumnado, emprende unna nova aventura que de seguro vai a sorprender positivamente a toda a comunidade educativa.
A idea é crear una nova banda na que se interpretará repertorio das mellores bandas de rock de tódolos tempos: Deep Purple, Metallica, Led Zeppelin, Queen, Iron Maiden, Scorpions… Non vai a ser unha banda de rock, senón una banda sinfónica que interpretará míticos temas de toda a Historia do Rock.
A actividade será gratuita e estará aberta a todo o alumnado de vento-madeira, vento-metal e percusión do CMUS matriculado en grao profesional. O director deste proxecto e impulsor do mesmo será o profesor Emilio José Váquez Rodríguez.
Neste vídeo de Youtube poderedes ver as posibilidades que ofrece este repertorio e cómo pode chegar a soar con un pouco de traballo e dedicación:
https://www.youtube.com/watch?v=KaTxZEdbO5U
Animádevos a participar!