Os horarios e as listaxes de grupos xa están dispoñibles nos taboleiros do centro e foron enviados a través da plataforma Centros.net.
No arquivo engadido tamén está dispoñible a relación de grupos co profesor/a e aula correspondente.
Para coñecer o nome do profesorado da especialidade instrumental, deben acceder a Centros.net.
Se o fan dende un navegador, dentro da lapela XERAL, seleccionar HORARIO. Aí figura xa o nome do/a profesor/a asignado/a.
Se o fan dende a aplicación móbil, na pestana ALUMNO seleccionar HORARIOS DO CURSO ESCOLAR, onde aparece o/a profesor/a asignado/a.
O horario que figure non é o correcto e ven por defecto, xa que a escolla de horario da materia instrumental será o venres, tal e como está publicado no documento de Elección de horarios.