Fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-191020-0001_gl.pdf
Todos os anos a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica, coincidindo co final de curso aínda que con data variable, a Orde pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso para o que se convoca.
Dous dos requisitos de participacion na Modalidade de Música son:
a) Ter finalizado as ensinanzas profesionais de Música (no curso para o que se convoca), en centros públicos ou privados autorizados de ensinanzas profesionais de Música da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Música. Para estes efectos, as materias validadas non serán tidas en conta. No caso de que o/a alumno/a ingresase en sexto curso, a nota media estará referida unicamente ás materias do devandito curso.
Para calquera aclaración, información ou dúbida poden contactar coa Secretaría do centro.