Para o acceso ó CMUS de Ourense ten vostede a opción de formalizar os
trámites para un traslado de expediente.
Recoméndase consultar as Normas de organización e funcionamento do centro: páxinas 14 e 15, apartados B, F e G.
A continuación detallamos información:
• Unha vez realizada a solicitude a través da secretaría do centro, comunicaráselle nos prazos establecidos polo centro se se acepta ou non o dito traslado, atendendo á existencia de prazas vacantes na especialidade solicitada.
•
Imprescindible un motivo xustificado acreditado documentalmente (
cambio de domicilio, traslado de estudos, etc.).
• O/a alumno/a debe levar polo menos
un ano matriculado no conservatorio de orixe.
• A solicitude sométese ao Consello Escolar.
Requisitos:
1.
Instancia de referencia .
2. Fotocopia do DNI do alumno.
3. Certificación académica dos seus estudos cursados de Conservatorio.
4. Xustificante de realizar a matrícula no outro Centro desde o que se desexa formalizar o traslado de Matrícula Viva.
5. Proba documental da causa do traslado.