Ir arriba
  • CMUS en Facebook
  • CMUS en Instagram
  • CMUS en Youtube
Ampliación excepcional en máis dun curso
Con carácter excepcional, e de acordo co establecido na lexislación vixente, poderá́formalizarse a matrícula excepcional en máis dun curso e mediante o seguinte procedemento:
1.-Cada departamento didáctico decidirá os procedementos e criterios de avaliación para a superación das materias do curso dende o que se pretende facer a ampliación.
2.- A ⇒solicitude de matrícula excepcional en máis dun curso deberá ser presentada polo interesado/a (en caso de alumnado maior de idade) ou polo seu responsable (nai/pai/titor ou titora) ante a Xefatura de estudos antes do 15 de novembro do curso académico. O/a seu titor/a no centro (profesor da materia instrumental) entregará o informe asinado polo profesorado do/a alumno/a, coa súa conformidade a levar adiante a ampliación, antes do remate do primeiro trimestre.
3.- A Xefatura de estudos adxudicará grupo das materias correspondentes ó curso ao que se produciría a ampliación sempre e cando se dispoña de prazas vacantes e por rigorosa orde de solicitude. Ademais informará ao respecto ao Consello Escolar.
4.- O Consello Escolar, á vista da documentación aportada, terá́a competencia sobre a concesión da ampliación.

Unha vez recibades a confirmación da súa aprobación vía correo electrónico, deberedes  ⇒formalizar a matrícula.

Paixón pola música

Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.

Tour virtual

Podes coñecer todos os departamentos do Conservatorio de Ourense con este percorrido virtual.

Teléfono de contacto
988 39 10 47

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Datos de contacto

Fondo Social Europeo

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016/2025 Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.
Política de Cookies OK