Benvidos á páxina web do
Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Neste espazo virtual poderán atopar información referente á estrutura, funcionamento e actividades do centro.
O noso conservatorio é un centro dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación da Xunta de Galicia con máis de sesenta anos de historia, que imparte os graos Elemental e Profesional das ensinanzas de música, e que conta na actualidade con máis de 500 alumnos/as.
As nosas responsabilidades abranguen dende ofertar ao alumnado unha formación profesional acorde ao que a institución esixe, ata a difusión da música dentro da cidade.
A través desta páxina web o conservatorio quere pór á súa disposición información referente a
cuestións académicas (probas de acceso, calendario escolar, lexislación, etc.) e ás
actividades culturais (cursiños, masterclass, concertos, etc.) que o centro organiza regularmente.
Convídolles a visitala e aproveito para agradecerlles a confianza que depositan delegando en nós a educación dos seus fillos e fillas.
Purificación Iglesias Pateiro
Directora do Conservatorio Profesional de Música de Ourense