CORO DE GRAO PROFESIONAL
Agrupación coral formada por uns 80 rapaces de entre 14 e 25 anos.
A súa actividade desenvolvese ó redor do currículo establecido no Decreto que regula as ensinanzas profesionais, do que forma parte como materia específica.
Ademais dos aspectos puramente pedagóxicos, baixo a dirección de D. Mateo Iglesias Seoane, amplíase e personalízase a formación musical do alumnado afrontando un repertorio a miúdo variado que inclúe en ocasións a participación doutros instrumentistas. Isto tamén permite por unha banda a conexión interdisciplinar propia dun conservatorio de estudos profesionais de música e por outro o enriquecemento na formación artística.
Ao longo da súa traxectoria realizaron numerosos concertos no marco da actividade do centro, sendo un dos mais representativos o Concerto de promoción que se desenvolveu o curso pasado na Praza San Martiño de Ourense.
Director: D. Mateo Iglesias Seoane