Lugar: Igrexa de Santa Eufemia
Data: 15 de abril | 20h
O Conservatorio Profesional de Música de Ourense organiza a primeira edición da súa Semana Musical, unha iniciativa que, baixo o nome de “Auria Música”, levará a música máis alá das aulas para achegala á cidadanía.
Este proxecto nace co obxectivo de celebrar a cultura e a educación artística, ao tempo que pon en valor o talento do alumnado e o labor docente do profesorado. Así mesmo, pretende consolidarse como unha cita anual de referencia, reforzando o vínculo entre o conservatorio e a cidade de Ourense.
A música comeza en grande!
O primeiro concerto de Auria Música chega da man da nosa Orquestra de Grao Profesional, baixo a dirección de Raquel Carrera.
Unha cita que promete ser extraordinaria e que, ademais, servirá como impulso final antes dun reto moi especial: a súa participación na final do I Concurso Nacional de Orquestras de Conservatorios, o vindeiro 18 de abril en Medinaceli (Soria).
Non o perdas!
Datos de contacto
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016/2026 Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados | Zona privada