Lugar: Medinaceli (Soria)
A nosa orquestra de Grao Profesional ven de acadar o 2º Premio no I Concurso Nacional de Orquestras de Conservatorios Profesionais de Música de España celebrado hoxe en Medinaceli (Soria). Un gran logro que pon o broche final a moitas horas e esforzo por parte dos seus integrantes. Parabéns a todo o alumnado, profesorado colaborador e, en especial, á súa directora Raquel Carrera por apostar dende o primeiro momento por este proxecto. Sodes fantásticos!!!