Lugar: Sala de Lecer
Data: Mércores 3 de xuño | 17:30 horas
Tod@s aqueles que esteades matriculados para facer a proba de acceso a 1º de Grao Elemental podedes pasar polo conservatorio este mércores 3 de xuño para practicar un pouco a proba co profesorado de linguaxe musical. Agardaremos na Sala de Lecer para, a continuación, repartirnos por grupos cos diferentes profesores e profesoras. A sesión durará unha media hora. A continuación voltaremos á Sala de Lecer onde haberá un contacontos musical para todos aqueles que desexen quedarse un ratiño máis (durará uns 15-20 minutos).