Se para o curso 2025-2026 se vai matricular en
1º (repetindo),
2º, 3º, 4º ou 5º de Grao Profesional velaquí atopará a documentación e información relativa á matrícula.
Lembre que o prazo de matrícula abrangue dende o 5 de xuño ata o día 12 de xuño ás 13:00 horas.
Se ten algunha dúbida, chame á secretaría do centro en horario de mañá. Se esqueceron o seu número de expediente para poder acceder á plataforma centros.net, que será necesario para formalizar a matrícula,
envíen un correo a
cmus.ourense@edu.xunta.gal. Se teñen problemas para entrar en Centros.net poden consultar a última páxina
deste titorial.
DOCUMENTO DE CONSULTA DE INTERESE PARA A MATRÍCULA
- Información sobre materias e tempos lectivos
PARA A
MATRÍCULA DEBERASE CUBRIR O FORMULARIO DENDE CENTROS.NET E ENVIAR Ó CENTRO O XUSTIFICANTE DE PAGO. Este son os pasos:
- Formulario de matrícula e preferencias horarias (só se ten que cubrir dende Centros.net, cubride só o formulario do curso no que se matricule para o curso 26/27, contestando a todas as preguntas ata finalizar e premer o botón ENVIAR)
- Impreso de pago – autoliquidación por internet ou presencial no banco. (Consultar o importe máis abaixo e enviar o documento 730 xustificante de pago ó Centro por correo electrónico: cmus.ourense@edu.xunta.gal)
- Impreso de solicitud de adaptación educativa alumnado NEAE (en caso de ser necesario)
- Autorización de imaxe (poderase cubrir no Formulario habilitado en Centros Net)
- Impreso para a inscrición na ANPA (opcional)
- Taxas matrícula:

7. Unha vez cumprimentados os formularios, poden gardar un xustificante, se o desexan, premendo na icona da impresora. Isto non é posible facelo dende a app móvil. Só entrando dende un navegador web (xa sexa dende un ordenador ou dende o móvil).
Tras premer nesa icona aparecerá unha nova fiestra e deberedes premer na icona superior dereita da impresora:
