Se realizou as probas de acceso a 1º de Grao Elemental e acadou praza e adxudicación de especialidade, pode proceder a realizar a matriculación para o vindeiro curso 2022-2023.
Lembre que o prazo de matrícula abrangue dende o mércores 29 de xuño ó venres 8 de xullo. De non matricularse nese prazo, enténdese que renuncia á praza conseguida.
Para obter o seu número de expediente e así poder acceder á plataforma centros.net, que será necesario para formalizar a matrícula, envíen un correo a cmus.ourense@edu.xunta.gal. Unha vez que o teñan, para entrar en Centros.net vexa o vídeo-titorial en https://www.conservatoriourense.gal/secretaria/centrosnet.htm
Se ten algunha dúbida, chame á secretaría do centro en horario de mañá ou escriba un correo electrónico ó centro.
DOCUMENTOS DE CONSULTA DE INTERESE PARA A MATRÍCULA
Taxas matrícula: calcule a continuación o importe que ten que aboar segundo a súa situación. Lembre que non se pode pedir bolsa no Grao Elemental
VÍDEO TITORIAL PARA SELECCIONAR AS PREFERENCIAS HORARIAS DAS MATERIAS TEÓRICAS
O vídeo é do curso anterior, e algunhas pequenas cousiñas poden ter cambiado, pero básicamente o procedemento é igual.
Desculpen as molestias.
Unha vez cumprimentados os formularios, poden gardar un xustificante, se o desexan, premendo na icona da impresora. Isto non é posible facelo dende a app móvil. Só entrando dende un navegador web (xa sexa dende un ordenador ou dende o móvil).
Tras premer nesa icona aparecerá unha nova fiestra e deberedes premer na icona superior dereita da impresora:
Paixón pola música
Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.
En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.