BANDA DE GRAO PROFESIONAL I
Agrupación formada por uns 30 rapaces de entre 14 e 17 anos das especialidades de vento madeira, vento metal e percusión dos cursos 1º e 2º de Grao Profesional.
Fórmase esta agrupación no curso 2018/19 e actualmente está baixo a dirección de D. Emilio José Vázquez Rodríguez. Unha das finalidades máximas desta agrupación e dar a coñecer aos alumnos o repertorio propio de Banda, o que esixe que a participación dentro do conxunto está por riba da práctica individual. Serve de ponte tamén para acceder á Banda de Grao Profesional II onde a súa formación adquirirá novos niveis.