BANDA DE GRAO PROFESIONAL II
Agrupación formada por uns 80 rapaces de entre 14 e 20 anos das especialidades de vento madeira, vento metal e percusión dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional.
A súa actividade desenvolvese ó redor do currículo establecido no Decreto que regula as ensinanzas profesionais e do que forma parte como materia específica das especialidades de vento e percusión.
Cun longo percorrido dende a súa implantación como materia obrigatoria, é coa seu actual director D. Esteban Vaquero Baquero con quen está a acadar un nivel musical superior. O labor que se está a realizar, xunto coa colaboración de profesorado colaborador, permite afrontar un repertorio amplo e variado enmarcado nun proxecto sólido que permite acadar ó alumnado unha ensinanza musical rigorosa. A estabilidade na dirección da banda e o desenvolvemento deste proxecto inclúe en ocasións a participación doutros instrumentistas. Establécese así a conexión interdisciplinar propia dun conservatorio de estudos profesionais de música e por outro o enriquecemento na formación artística.
A súa presenza é habitual na actividade dentro e fóra do centro (intercambios, festivais…) e destacan entre as súas últimas actuacións o Concerto na Praza San Martiño de Ourense do curso pasado.