Agrupación formada por uns 50 rapaces de entre 14 e 20 anos das especialidades de corda fretada (violín, viola, violoncello e contrabaixo).
A súa actividade desenvolvese ó redor do currículo establecido no Decreto que regula as ensinanzas profesionais e do que forma parte como materia específica das especialidades de corda.
Cun longo percorrido dende a súa implantación como materia obrigatoria, é coa súa actual directora Dª Raquel Carrera Álvarez con quen está a acadar un mellor nivel musical. O labor que se está a realizar permite afrontar un repertorio amplo e variado enmarcado nun proxecto sólido que permite acadar ó alumnado unha ensinanza musical rigorosa. A estabilidade na dirección da orquestra e o desenvolvemento deste proxecto inclúe en ocasións a participación doutros instrumentistas. Establécese así a conexión interdisciplinar propia dun conservatorio de estudos profesionais de música e por outro o enriquecemento na formación artística.
A súa presenza é habitual na actividade dentro e fóra do centro e destacan entre as súas últimas actuacións o concerto na cidade de Miranda del Ebro (Burgos). Outras que tamén merecen lembrarse foron en Salamanca e León.
Directora: Dª Raquel Carrera Álvarez