Ir arriba
  • CMUS en Facebook
  • CMUS en Instagram
  • CMUS en Youtube

Actividades Abril 2024

Lugar: CMUS Ourense

Data: Abril de 2024

Actividades Abril 2024
De volta de vacacións de Semana Santa comezamos abril cunha chea de actividades.

A destacar especialmente este sábado día 6 o V Concurso de interpretación Mestre Vide onde os participantes nos amosarán a súa calidade musical con programas que merecen moito a pena escoitar: dende as 10:00h a categoría B, ás 12:30h a categoría C e xa pola tarde, ás 16:00h a categoría A, sendo a entrega de premios ás 19:30h.   Os gañadores do concurso ofrecerán concertos no CMUS Xan Viaño de Ferrol o xoves 11 ás 19:00h,  no CMUS de Santiago de Compostela o venres 12 ás 19:00h e no CMUS de Ourense o luns 15 ás 19:00h.

Recibiremos no noso Auditorio ó dúo de frauta traveseira e piano formado por Manuel Morales e Raúl Rodríguez o luns 8 ás 19:00h, ó marabilloso Iberian Ensemble de Portugal o martes 9 ás 19:00h, que tamén nos ofrecerán unha charla-taller na Sala e Audicións ás 17:30h, ós alumnos de máster de saxofón do CSM de Vigo o mércores 17 ás 20:00h na Sala de Audicións, ó dúo de frauta traveseira e piano formado por Marta Comesaña e Ana Guisande o venres 19  ás 18:00h tamén no Auditorio e á Orquestra Barroca e Agrupación de clarinetes do CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra os días 19 e 29 de abril.

O noso alumnado do Coro e a Wind Rock Band tamén se desprazará fora da provincia ofrecendo concertos en San Domingos de Bonaval  o sábado 13 ás 19:30h e na mostra InnovArt na Cidade da Cultura de Galicia o venres 19, ambos concertos en Santiago de Compostela, e os alumnos de guitarra darán sendos concertos nos CMUS de Vigo e Santiago os días 17 e 24 de abril. 

Todos estes concertos máis as habituais audicións dos diversos departamentos e varios recitais de Fin de Grao, fan deste mes de abril un dos máis cargados de actividades do ano. Tedes moito donde elexir.

O aforo como sempre estará limitado á capacidade das salas. 
Estades todas e todos convidados.
 

 

Documentos:

Paixón pola música

Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.

Tour virtual

Podes coñecer todos os departamentos do Conservatorio de Ourense con este percorrido virtual.

Teléfono de contacto
988 39 10 47

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Datos de contacto

Fondo Social Europeo

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016/2024 Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.
Política de Cookies OK
En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.
Política de Cookies OK