Ir arriba
  • CMUS en Facebook
  • CMUS en Instagram
  • CMUS en Youtube

PROTOCOLO ANTE O ACOSO ESCOLAR

PROTOCOLO ANTE O ACOSO ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

Unha das medidas establecidas  é a instalación do denominado Punto Laranxa en cada centro. Trátase dun espazo físico onde calquera persoa poderá denunciar unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

No centro contamos co Punto Laranxa ao carón da Conserxería. Este punto consta dunha caixa onde calquera persoa pode depositar información relativa a unha posible situación de acoso ou ciberacoso escolar. 

Ademais, constituíuse o denominado Equipo ACAE (Actuación Contra o Acoso Escolar), un equipo docente encargado de levar adiante as medidas establecidas no devandito protocolo con relación á detección e á intervención ante posibles casos de acoso e ciberacoso escolar. Este equipo está formado por:

  • A dirección do centro: Purificación Iglesias Pateiro
  • A Xefatura de estudos: Mateo Iglesias Seoane
  • A coordinadora de benestar e convivencia: Isabel Feijóo Puente
  • Un/unha docente nomeado/a pola dirección do centro para cada caso en función do alumnado implicado, que será a persoa instrutora do procedemento corrector, de ser necesario.

Documentos:

Paixón pola música

Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.

Tour virtual

Podes coñecer todos os departamentos do Conservatorio de Ourense con este percorrido virtual.

Teléfono de contacto
988 39 10 47

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Datos de contacto

Fondo Social Europeo

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016/2024 Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.
Política de Cookies OK
En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.
Política de Cookies OK